Pratos combinados

Pero…¡Isto é un escandalo Pereira! 
                                                  
Parte 1 do artículo
      Nota de inicio: dado que la serie se emitió en la TVG (televisión de Galicia) y su idioma era el gallego, publicaré la crítica en este idioma sin traducirla al castellano; si alguien quisiera traducción para entender todo lo que pongo, que no dude en pedirla y la haré gustoso.
 
Comentario previo:
     O primeiro e ante todo e dicir que toda a información que poño antes do título Pratos combinados e mais eu foi sacada integramente de internet dunhas poucas páxinas, a gran maioría de caracter oficial como a do audiovisual galego ou a televisión de Galicia. Curiosamente, e como outras moitas veces a información máis completa non veu da man das fontes oficiais senon da Wikipedia (a versión galega, na castelá ou outra nin aparece); por tanto temos que agradecerlle, e moito, o autor dese artículo que logrou recolleitar unha gran cantidade de información que agora eu vos ofrezo.
      ¿Cal e a razón de que fixera algo tan impropio de min como copiar con descaro artículos completos doutras persoas? (aínda que coidado, sempre cintando fontes); pois porque cando comecei a escribir iste artículo tiña moi claro que o que o máis importante nel debía ser dar toda a información posible como fose, pra poder divulgar e facer coñecida ista serie; unha das máis maltratadas pola TVG a pesar dos triunfos que lle deu, e tamén bastante ignorada en internet, porque toda a información que veredes aquí é a única que atoparedes na rede de redes, na autopista da información, e dicir, en internet, e comprobaredes que é bastante escasa para unha serie con máis de 13 temporadas e máis de 200 episodios de 50 minutos (nada da media hora escasa tan fácil de facer a que nos teñen acostumbradas as sit-com) que non conseguiron as máis prestixiosas series de todo o mundo.
     E non quero falar nin da loucura de atopalas imaxes, das cales, como podedes ver, nin son demasiado grandes nin teñen demasiada calidade, e por enriba tan só duas pertencen a serie como tal; o resto son probablemente dos books dos actores.
     Series con moitísimos menos méritos ca estes teñen páxinas webs enteiras dedicadas exclusivamente a elas; e sen embargo, por inxusto que resulte Pratos combinados apenas ten unhas cantas liñas; por iso, este completo artículo en dous partes nace coa esperanza de crear aínda que sexa unha especie de páxina web da serie, algo polo que a xente a recorde e que todos os fans que tivo e segue tendo (aínda que xa non se emita na TVG; excepto na sua páxina en internet, pola que eu sigo vendo a serie que dan os mércores a 1 da mañá -pero coidado, as veces varía as 12; pra estar seguros da programación correcta consultade http://wap.crtvg.es/programacion/programacion.asp?canal=GTVDixital– e os sabados as 9 da mañá; como podedes ver, e outra proba do maltrato a esta serie, que só se pon en horarios case imposibles) e que estos poidan comentar a serie e compartir todo o que pensan aquí (Coma en todolos artículos); porque iso é o que fai que unha serie non morra; aínda que esta serie nunca o fará porque, ademáis dos méritos antes falados, tamen está o de que foi a primeira serie da TVG; ¿fai falta dicir algo máis o seu favor?
 
Pratos combinados é a primeira teleserie da TVG, que marcou todo un fito na historia da televisión en Galicia xa que se trata da primeira comedia de situación desenvolvida integramente por profesionais da terra e protagonizada na súa totalidade por actores e actrices galegos.
A súa emisión comezou o primeiro de decembro de 1995 e tivo un gran éxito ao ter unha boa cota de pantalla e ao superar en ocasións a dura competencia de teleseries españolas da altura de «Aquí no hay quien viva» ou «Los Serrano«.
A serie foi creada polo escritor Xosé Cermeño, autor tamén da primeira serie de ficción galega (Os outros feirantes), e baixo a súa dirección participaron como guionistas Raúl Dans, Denis López, Germán R. López, Roberto G. Méndez, David Planell, Paula de Sáa

Pratos combinados
Xénero
Formato de imaxe
4:3
Duración
30 minutos as duas primeiras temporadas, 55 minutos ás seguintes
Creador(es)
Intérpretes
País de orixe
Emisión orixinal
Tempo de emisión
Número de episodios
261

 Argumento

 

Miro Pereira coa súa dona Balbina e demais familia -retornados da emigración- rexentan un típico bar galego por onde pasan personaxes cómicos coma o vividor Antón ou o repartidor Paspallás.
Miro, o protagonista, xunto co seu cuñado Antón, sempre andan a argallar para poder obter cartos ou irse de festa. Para isto, non dubidan en enganar aos seus amigos ou contar coa axuda de Roi e Paula, os fillos do avogado Barreiro.
Reparto
  • Ramiro «Miro» Pereira Ríos (Ernesto Chao). Dono do Bar Suízo, un tipo moi especial, home de poucas luces, avarento, lacazán, non moi limpo, rosmón, zoupón… aínda que ten o seu pequeno corazón. Atende aos clientes de mala maneira, cociña empanadas de cascas de cacahuete, café sen café (con tonas de patacas), bocadillos con fotocopia de xamón (iso si, fotocopias de cor) e outras ‘especialidades culinarias’. Pasa o tempo facendo encrucillados, coleccionando cromos, xogando á petanca… e tamén lle gusta ir de caza e de pesca. En ningún destes pasatempos destaca, precisamente, polo seu bo facer. Entre as súas expresíons habituais, a máis popular é: «¡Me cagho no mundo!».
    • Primeira aparición: Episodio 001 (1995)
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Balbina Santos (Mabel Rivera). É a muller de Miro, con quen ten dous fillos: Rosalía e Migueliño. Unha cociñeira exemplar, que non se fía do seu home e, sobre todo, do seu irmán Antón. Farta da vida que levaba, marcha para Baiona a montar un negocio de hostelería para iates xunto coa súa filla, deixándolle a súa parte do bar á súa prima Olimpia.
    • Primeira aparición: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: Episodio 210 (200_).
  • Antón Santos (Antonio Durán «Morris»). É o irmán de Balbina. É un egoísta e avarento empregado da Caixa de Aforros (despois chamada Banco Moderno Universal), que sempre pensa en zafarse do traballo e en comer e tomar cervexas de balde no bar da súa irmá. Contínuamente argalla plans xunto co seu cuñado, aínda que saiba que este non é moi listo, para ir de caza, gañar cartos ou traballar aínda menos do pouco que traballa. É bastante mullereiro, pero para el importan máis os cartos e a comida, tendo unha especial predilección polas nécoras. Ten amigos dos que se hai que fiar tan pouco ou menos ca del mesmo.
    • Primeira aparición: (1995).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Rosalía Pereira Santos (Eva Fernández). É a filla de Miro e Balbina. É una moza estudosa, que chega a ser profesora. Tamén bota algunha man no bar cando fai falla.
    • Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: Episodio «Un ano despois» (2000).
  • Miguel «Migueliño» Pereira Santos (Braulio Veiga). É o fillo de Miro e Balbina. Ten carácter ecoloxista, aínda que parece que herdou, en menor medida, a afección de seu pai e seu tío polos cartos.
    • Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: (199_)
  • Carmen Ríos, «a señora Carme» (Fely Manzano). É a nai de Miro. Fai unhas empanadas moi recoñecidas. Habitual das actividades levadas a cabo polo club de xubilados. Ao primeiro vive na casa dos Pereira, pero despois vive na casa da aldea, transformada na Casa de turismo Pereira. Cultiva a horta e cría animais.
    • Primeira aparción: Episodio 001 (1995).
    • Última aparición: (200_).
  • Paspallás (Serxio Pazos). É o repartidor que lle leva as bebidas ao bar… e tamén as facturas que Miro nunca lle paga. Adoita facer unha pausa no reparto para xogar ao «Chinchimoni» con Miro e Antón. Quere conquistar a Mónica, aínda que non ten moito éxito con ela.
    • Primeira aparición: (1995).
    • Última aparición: (200_).
  • Charo (María Bouzas) É veciña dos Barreiro, amiga de Balbina e compañeira sentimental de Antón, con quen ten moita paciencia, pero con quen adoita perder os nervios. Ofrécenlle un bo emprego Bruselas, onde ten uns familiares, e tras a negativa de Antón a casar con ela, decide aceptar a oferta. Antón múdase a vivir no seu piso, no que xa pasaba moito tempo cando vivía ela nel.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (200_).
  • Pedro Barreiro (Xosé Manuel Olveira «Pico»). Viúvo e avogado de profesión. Amante de pasatempos relaxados, rifa a miúdo cos seus fillos, Paula e Roi. Espera que súa filla sente a cabeza e se esqueza do seu soño de ser actriz. De novo foi un rockeiro coñecido co nome de «Perico Pelanas». É veciño de Charo (despois de Antón).
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Paula Barreiro #1 (Cristina Castaño). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: (2001).
  • Paula Barreiro #2 (María Castro Jato). É a filla de Pedro Barreiro e irmá de Roi, quere ser actriz, pero estuda económicas.
    • Primeira aparción: (2001).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Roi Barreiro (Guillermo Carbajo). É o fillo de Pedro Barreiro e irmán de Paula.
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Mónica (Mónica García). É a nova camareira do bar. Habitualmente é primeira en desconfiar das intencións de Miro e Antón. Asiste a clases de informática.
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Don Nicanor (Manuel Millán). É o cura párroco, amante das empanadas de dona Carme. Aínda que ten colaborado con obras sociais, o máis habitual é que pida cartos que para a igrexa ou para Santa Rita. Crente convencido… ou case.
    • Primeira aparción: (199_)
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Tuto (Josito Porto). É dependente do quiosco que está en fronte do bar Suízo, trala marcha do seu anterior quiosqueiro. A miúdo sofre os males de ser atendido por Miro, coma o bocadillo de xamón sen xamón.
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Olimpia (Susana Dans). É prima de Balbina e Antón. Administradora do bar despois da marcha de Balbina, quen lle deixou a súa parte do bar, para desgraza de Miro.
    • Primeira aparción: Episodio 212 «Chega a prima Olimpia» (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Mariana (Mariana Carballal). Farmacéutica de profesión, é amiga de Balbina.
    • Primeira aparción: (200_)
    • Última aparición: Episodio 161 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Raqueliña (Mariña Sampedro). É sobriña do padre Nicanor quen se ten que facer cargo dela, pero pasa a vivir na casa dos Pereira, con Miro e Olimpia, para ter un fogar máis estable.
    • Primeira aparción: Episodio 214? «Decoración con estilo» (2004).
    • Última aparición: Episodio 261 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Gutiérrez (Evaristo Calvo). É o presidente da Caixa de Aforros, que despois pasa a ser o Banco Moderno Universal, onde traballa Antón.
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: Episodio 161 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Garda Avelino (Avelino González). É un garda da Policía Municipal que fai a rolda polo barrio.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (200_).
  • Etiliano (Tuto Vázquez). É un cliente alcólico do bar «Suízo».
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición:
  • Tomás Vilariño (Santi Prego). É un escritor que para ocasionalmente no bar Suízo, onde lle ten asinado a varios lectores exemplares de novelas súas.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Peláez (Alfonso Agra), é compañeiro de Antón na Caixa de Aforros (despois Banco Moderno Universal) e, xunto con el, subordinado do señor Gutiérrez.
    • Primeira aparción: Episodio «Un ano despois» (2000).
    • Última aparición: Episodio 161 «Moitas grazas a todos» (2006).
  • Alcalde (Miguel Pernas).
    • Primeira aparción:
    • Última aparición:
  • Fran (Fernando Dacosta). É o noivo de Rosalía, coa que acaba casando. É pediatra.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Pepiño (Esteban Yáñez). É amigo de Migueliño. Adoita verse pedindo un donativo para a A.R.S.I., a Asociación de Rapaces con Suspensos Inxustos.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición:
  • Henrique (Enrique Rivadulla). É cliente habitual do bar Suízo, pese a sufrir decote ser atendido por Miro (quen se dirixe a el chamándoo «King Kong»), polo que adoita saír do bar anoxado, sendo un dos moitos clentes que sae do bar tras dicir: «¡Isto é un escándalo, Pereira!».
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (200_).
  • Campos. É o dependente do quiosco Campos, que está en fronte do bar «Suízo», do que é cliente habitual. Despois o quiosco pasa a ser levado por Tuto.
    • Primeira aparción: (1995).
    • Última aparición: (199_).
  • «Microbio». É unha cativa que adoita visitar o bar Suízo. Miro sempre se dirixe a ela chamándoa «microbio», ao que ela lle responde: «Eu non son un microbio».
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Paula. É unha amiga de Migueliño e Pepiño. É morena e leva lentes. Non se debe confundir con Paula Barreiro, coa que nunca coincidiu.
    • Primeira aparción: (199_).
    • Última aparición: (199_).
  • Carteiro Dans (Juanillo Esteban). É un carteiro habitual da zona.
    • Primeira aparción: (2001).
    • Última aparición: (2002).
  • Don Ramiro Pereira Fontes (Ernesto Chao). É o finado home da señora Carme (ou Carmiña, como lle chamaba el) e pai de Miro, quen se lle asemella moitísimo. O seu fantasma mora na casa da aldea.
    • Primeira aparción: (200_).
    • Última aparición: (200_).
  • Tía Herminia. É unha tía de Miro da que se fala en ocasións. Miro adoita poñer a delicada saúde desta muller como escusa para ausentarse da casa. É un personaxe que só se menciona, pero nunca se viu na pantalla.
Outros intérpretes
Aparicións dos personaxes fóra da serie
  • Nunha gala especial do programa «Xabarín Club» (TVG), presentada por Antonio Durán «Morris» e por Silvia Superstar, o Inspector Tomé foi cara a rúa do bar suízo, onde falou co quiosqueiro Campos, con Migueliño e Pepiño, con Miro… E, tal vez, con Balbina, Rosalía, a avoa Carme, e Paspallás. Antón non aparecía nesta reportaxe entre os personaxes, posiblemente, por ser Antonio Durán «Morris» (o actor que o interpreta) un dos presentadores da gala.
  • Nun programa especial do coñecido «Supermartes«, concurso da TVG presentado por Xosé Manuel Piñeiro, concursaron personaxes de «Pratos combinados» contra personaxes de «A familia Pita«, as dúas series de ficción galegas do momento. De «Pratos combinados» estaban Miro e Antón. E de «A familia Pita» estaban María Pita Elina Luaces, Manuel (Manuel Millán) e Lola María Bouzas, os dous últimos actores, pasarían anos despois a formar parte do reparto de «Pratos combinados». Había algún personaxe máis, polo menos, outro por parte de «Pratos combinados», que podería ser a señora Carme. O programa emitiuse o 24 de decembro de 1996.
  • Hai un episodio especial no que se cruzan as dúas series de ficción galegas que se emitían neses momentos: «Mareas vivas» e «Pratos combinados». O especial foi emitido, posiblemente, un 24 de decembro de 1998.
  • Miro e Antón protagonizaron unha campaña publicitaria para a empresa «Cociñas Carballo», aparecendo en dúas variantes do anuncio televisivo desa campaña.
  • Miro e Antón protagonizaron un anuncio televisivo ambientado o bar «Suízo» para promocionar a introdución do Euro. O anuncio foi emitido nos intermedios de varios episodios dunha temporada da serie.
  • Miro Pereira protagonizou un anuncio televisivo sobre un evento de pesca.
 
Trivialidades
  • Segundo un episodio dunha das primeiras temporadas, o programa de televisión favorito de Miro é «Os Picapedra«. Anos despois, no episodio «Ideas peregrinas» Miro pídelle permiso a Antón para quedar no piso de Charo para ver «Os Picapedra«.
  • Paspallás fixo a mili en Ferrol, segundo di el mesmo nun episodio.
  • Desde o episodio «Un ano despois», vemos a Tuto como dependente do quiosco que está fronte ao bar Suízo, ocupando o posto no que durante anos estivo Campos. Pero non foi ata bastante tempo despois, cando o letreiro «Kiosko Campos» fose cambiado polo de «Quiosco Tuto».
  • Os personaxes da serie manexando billetes de Euro antes de que esa moeda fose posta en circulación na vida real.
  • Ernesto Chao á parte de interpretar a Miro Pereira na serie, interpretou outros papeis en varios episodios: O fantasma de don Ramiro (pai de Miro) en dous episodios, o presidente dunha república no episodio «Un asunto de estado», e varios personaxes (entre eles, un carteiro e un cliente do bar) no episodio «Un millón de Pereiras» que daban pé a ser confundidos con Miro.
  • Antonio Durán «Morris» interpretou a un cliente do bar «Suízo», ao que Miro confundía con Antón no episodio, «Un millón de Pereiras».
  • Serxio Pazos interpretou ao fillo do Demo, que se lle aparecía a miro co rostro de Paspallás, nun episodio.
  • Desde os primeiros episodios, a sintonías de cabeceira e de peche da serie eran versións musicais da canción «Cerca del río». A partir do episodio 212, cambiouse a cabeceira por un tema creado para a serie, cantado por Alberto Cunha (que interpretou un peronaxe no episodio 235 da serie), a sintonía de peche tamén se cambiou por unha versión instrumental do novo tema.
  • Nun programa do concurso «Supermartes» (TVG), o actor Guillermo Montesinos falou dun proxecto no que ía traballar: Unha versión de «Pratos combinados» en castelán rodada para unha canle de televisión de España (Antena 3, posiblemente). ¿Sería unha broma?
Esta entrada fue publicada en Televisión (tv). Guarda el enlace permanente.

3 respuestas a Pratos combinados

  1. Pingback: La nueva temporada televisiva de invierno 2010/2011 | Universo de A

  2. Pingback: Temporada televisiva de primavera-verano de 2013-2014. | Universo de A

  3. Pingback: Nacida para ganar | Universo de A

¡Deja un comentario!