A's profileUniverso de APhotosBlogListsMore Tools Help

Blog


    May 17

    17 de maio de 2008 ¡Día das letras galegas!: adicado a Xosé María Álvarez Blázquez

    17 de mayo de 2008 ¡Día das letras galegas!: dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez
                                                                                                xose_alvarez_blazquez 
          Nota previa: dado que este es un acontecimiento que trata de la gran fiesta de Galicia, he considerado (como suelo hacer en estes casos) que era más adecuado escribirlo en gallego; en cualquier caso, como siempre, si alguien desea que se lo traduzca que no dude en pedirlo.
          ¡Boas! hoxe escribo sobre un acontecemento moi especial que esquecín o ano pasado pero que este non penso deixar pasar: ¡o día das letras galegas!, o cal non o podo celebrar aquí en Madrid (aínda que iso non é de todo certo, teño a miña pequena celebración) pero é importante prá min porque é a gran festa de Galicia, unha festa carente de nacionalismos ou exhaltacións, soamente se homenaxea a literatura galega e non soe haber tintes políticos coma noutras festas deste tipo, o cal é sen dúbida un acerto, en fin, deixovós aquí a biografía do homenaxeado e naturalmente parte da sua obra pra que a desfrutedes (e se vos tedes máis obra del -poemas, libros recomendados... etc) non dubidedes en deixala nun comentario); e se queredes máis información visitade a magnífica páxina oficial: http://www.diadasletrasgalegas.com/index.php; ¡tede un bo día!
          Naceu en Tui (Pontevedra) en 1915, e faleceu en Vigo en 1985.
         Escritor en lingua galega e castelá, Álvarez Blázquez é fillo de Darío Álvarez Limeses, milito una Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galerista. Xunto con Luís Viñas Cortegoso fundou a Editorial Monterrey no ano 1950. Xa en 1962 ingresou na Real Academia Galega e dous anos despois, en 1964, fundou unha nova editorial: Edicións Castrelos.
          Da súa obra en galego destacan a colección de relatos Os ruíns (1936) e A pega rabilongo e outras historias de tesouros (1971), no xénero da narrativa infantil. Entre a súa obra lírica, o poemario, realizado xunto co seu irmán Emilio, Poemas de ti e de min (1949), Roseira do teu mencer (1950), Cancioneiro de Monfero (1953), unha das obras claves do neotrobadorismo, Romance do pescador peleriño (1954), ademais de Canle segredo, escrito no 54 e publicado no 76.
          Como ensaísta, publicou Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (en 1959), Escolma de epigramas (1968), e Escolma de poesía medieval (1975).
          En castelán Álvarez Blázquez publicou a novela En el pueblo hay caras nuevas (1945).
          A RAG, basea a súa decisión de homenajear coas Letras Galegas 2008 a Álvarez Blázquez por ser "o exemplo perfecto dun home polígrafo, erudito e interesado pola historia, a arqueoloxía ou a literatura", e destacou tamén o seu "importante labor".
     
          E agora deixovos uns exemplos da sua obra:
      Ise neno da rúa

    Non é certo que os nenos teñan fame

    Non pode ser.

    Ben o sabedes todos

    os que andades no mundo atafegados

    á percura do pan dos vosos fillos

    Ises outros que vedes pola rúa

    pedindo esmola,

    non teñen fame, non, porque daquela

    vos teríades morto de vergonza.


    E ben vos vexo andar nos vosos coches

    ou nos tranvías, a berrar de cousas

    estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡-

    sen reparar naquil esfarrapado

    que coa moura mauciña está petando

    na porta de ferro.

    Por iso penso que non é verdade

    o que algún caviloso di dos nenos

    que andan así petando pola vida

    -¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles-

    A xente pasa leda......¡Fora boa

    que andivesen a rirse dos seus crimes¡

    A cometa

    Botar unha cometa

    era guindar os soños 

    todos pola fiestra

    Era poñer a ialma

    por enriba das ponlas

    máis ergueitas da fraga

    Era andar cos miñatos

    nun outo vóo suspenso

    sobor da paz dos campos

    Era ter -cousa meiga!-

    o corazón atado

    cun longo fío a terra


          ¡Desfrutade galegos, hoxe é o noso día grande!